top of page

Disección do ril dun porco

Foto del escritor: Nutri CelaNutri Cela

Anatomia Aplicada o pasado mes de marzo levou a cabo dúas diseccións de riles. Nunha delas a cirurxiá encargada e redactora desta memoria da práctica foi Ana, acompañada por Carla como enfermeira. A cirurxiá da segunda disección foi Lucía García, con Ángela de enfermeira.



  • Obxectivos: - Visualizar e comprender a anatomía externa e interna do ril. - Identificar as principais estruturas do ril: codia, medula, hilio e pelve renais, uréteres, arteria e vea renal.

  • Materiais: -Riles -Cubeta de disección -Placa de disección -Material de protección: guantes e marcarilla -Bisturí -Agulla enmangada -Cinta métrica -Pinzas

  • Metodoloxía: - Comezamos tomando as medidas do ril: anchura, lonxitude e grosor. - Anamnesis: é un órgano pequeno, de forma ovalada e rodeado dunha capa serosa que hai que quitar antes de comezar a abrir o ril.


- A continuación, empezamos a abrir o ril cun corte lonxitudinal para deixalo en forma de libro.


- Buscamos os distintos condutos que entran e saen do ril: vea, arteria e uréteres renais, e, observamos detalladamente as súas partes: codia, pelve, medula e pirámides renais.


- Finalmente engadimos auga osixenada, co que quedará claramente delimitada a codia e a medula renal, vendo incluso comoas asas de Henle dos nefróns se van introducindo na medula do ril.


  • Conclusión: Esta práctica de disección do ril proporcionounos unha visión detallada da anatomía interna do ril e permitiunos comprender mellor a súa función no proceso de formación e eliminación dos ouriños polo sistema urinario. Foi unha práctica sinxela e rápida (chegounos perfectamente a sesión de 50 minutos), pero moi didáctica.

Máis Fotos do evento



Podes consultar a práctica do curso pasado publicada en blogger (ClaCiencia)-Disección ril de porco





Comments


bottom of page