top of page

OS DOCES SOAN A JAZZ

Actualizado: 6 mar 2020

Aínda que pareza incrible, a música pode influír na elección e no sabor dos alimentos.


Segundo un estudo, os alimentos pódente gustar máis ou menos dependendo da música que esteas a escoitar de fondo. Por exemplo: O Jazz pode provocar maior gusto polos alimentos doces e este efecto chega a aumentar cando a melodía é interpretada por un solista.


Un alimento pode parecer máis doce cando escoitamos un son agudo ou baixo. Pola

contra, cos graves e altos percíbese máis o salgado, amargo ou condimentado.


Nesta relación entre a música e a percepción dos sabores podería existir un grao de sinestesia, é dicir, unha habilidade pouco común coa que as persoas experimentan sensacións a partir de determinados estímulos externos.


As melodías tamén poden chegar a provocar recordos. Temos como exemplo disto a declaración dun chef británico, o cal afirma que pon melodías mariñas á hora de servir platos como mariscos ou peixes, o cal crea unha sensación nos comensais que fai que estes sintan gran frescor no produto á hora de inxerilo.



gif



תגובות


bottom of page