Sabes o que comes? sabes se os alimentos que consumes son naturais ou teñen aditivos?. Hoxe en día resulta complicado diferenciar os produtos naturais dos non tan naturais. Carlos Ríos é un nutricionista que iniciou un movemento en defensa da comida real chamado realfooding. Para achegarte ao que publica tes varios opcións:
Podes buscar o libro Come comida real: Una guía para transformar tu alimentación y tu salud na biblioteca. Seguir o seu instagram, @carlosriosq.
Atoparás alternativas a alimentos procesados habituais, memes para motivarte a seguir un estilo de vida saudable e moita información con base científica.
Tamén podes descargar a súa aplicación para escanear as etiquetas dos alimentos que consumes e atopar, segundo os seus criterios, se se trata dun produto natural, dun bo procesado ou un ultraprocesado.



Comentários