top of page

4ºESO e as leis de Mendel

Foto del escritor: Nutri CelaNutri Cela
Este curso repasamos as leis de Mendel antes do exame dunha forma orixinal, iso sí, a primeira e a segunda xa que a terceira que tiñamos previsto escenificala temén, non nos acompañou o tempo para poder facela no patio e na aula non era plan.
NECESITAMOS: 12 alumn@s e folios de cores (6 escuros=morados e 6 brancos) cos que establecemos previamente as relacións de dominancia.

1ª LEI DE MENDEL: Lei da uniformidade dos híbridos da primeira xeración filial. Ao cruzar unha raza pura dunha especie (AA) con outro individuo de raza pura da mesma especie (aa), a descendencia da primeira xeración filial será fenotipicamente (fisicamente) e xenotipicamente igual entre sí (Aa).

Alelos dominantes A : Lucas H. e Daniel; Alelos recesivos a: Roi e David


2ª LEI DE MENDEL: Lei da segregación. Esta lei di que na segunda xeración filial, obtida a partir do cruce de duos individuos da primeira xeación filial, recupérase o fenotipo (e o xenotipo) do individuo recesivo da primeira xeración parental (aa) nun de cada 4 descendentes.

Alelos dominantes A : Lucas H., Daniel, Mario, Jordan, Joel e Lucas F.

Alelos recesivos a: Roi, David, Hugo, Iker, Lourdes e Lucas L.




Comments


bottom of page