top of page

Proxecto Terra 24/25: Clasificación taxonómica das plantas máis comús atopada na subida ao Santiaguiño do Monte

  • Foto del escritor: Nutri Cela
    Nutri Cela
  • hace 4 horas
  • 1 Min. de lectura

Este curso 24/25 o alumnado de Bioloxía e Xeoloxía e Anatomía Aplicada de 1ºBAC e a súa profesora, María José Figueira (Sesé), fixeron unha saída didáctica ao Santiaguiño do Monte para localizar, fotografar e grabar material para posterior edición coa clasificación taxonómica de cada exemplar. A saída realizouse o 1 de Abril polo que a flora presente nese martes de primavera era a máis temperá; engadimos algunha especie arbórea máis presente no patio lindante co noso IES, o CEIP Rosalia, dada a súa beleza e protagonismo os últimos quince días de Maio (castiñeiro de Indias, plátano de sombra e tilo).

Galería de mostras recollidas para a súa clasificación taxonómica:

Saída didáctica de BioXeo de 1°BAC ao Santiaguiño do Monte, aquí, en Padrón. Traemos Unha boa galería de liques, musgos, fieitos, ximnospermas e anxiospermas. Desta vez buscamos tamén algúns invertebrados pero o tempo chegou a pouco.

O material elaborado e presentado a final de curso polo alumnado recolleuse nun vídeo final onde cada especie aparede coa súa clasificación taxonómica:

Proxecto Terra 24/25. Taxonomía de liques, brións, fieitos e plantas (herbáceas e arbóreas) atopados na subida ao Santiaguiño do Monte, Padrón. Incluimos tamén algúns invertebrados ainda que ISO, para vindeiros cursos!!!. 🐾



Comments


bottom of page