top of page

Col lombarda, un indicador ácido-base natural.

  • Foto del escritor: Nutri Cela
    Nutri Cela
  • 30 jun
  • 1 Min. de lectura

Actualizado: 1 jul

Este curso traballamos con indicadores ácido-base como a cúrcuma e a fenolftaleína, recollidos en ClaCiencia nas entradas experimentos 2 e Samaín. Para completar o tema dos indicadores, un clásico que nunca defrauda e sae perfectamente, lombarda. Traballamos eta práctica con 1ºBAC e 4ºESO xa no último trimestre do curso.

1ºBAC. Extracto alcohólico de lombarda.

1.Clasificación taxonómica da col lobarda.
1.Clasificación taxonómica da col lobarda.
  1. Extracción dos pigmentos da lombarda (antocianinas) con etanol e

  2. Cromatografía en papel


Resultado de engadir o extracto alcohólico da lombarda a HCl, zume de limón, vinagre de limpeza, auga, leite, xabón de mans neutro, bicarbonato sódico, NaOH dil., leixivia (previamente medimos o pH con papel indicador de tornasol para ordenar as substancias por basicidade crecente.
Vídeo explicativo de toda a práctica

4ºESO. Extracto acuoso de lombarda. Neste caso levouse a auga de de cocer 200 g de col lombarda en 600mL de auga durante 15 minutos.

O alumnado preparou 6 tubos con 10 mL de extracto acuoso e comezou a engadir cada grupo unha das seguintes substancias: vinagre, Zume limón, auga do grifo, bicarbonato sódico, leixivia e sosa diluida. Dóuselles a escala de pH construida por o alumnado de 1ºBAC e tiveron que ordenar as substancias segúns as coresobtidas de menor a maior pH.

Facemos un volcán co extracto acuoso que sobrou



Comments


bottom of page