top of page

Esencias, ambientadores e perfumes

  • Foto del escritor: Nutri Cela
    Nutri Cela
  • 1 jul
  • 2 Min. de lectura

En xaneiro comezamos cun novo proxecto, investigar as esencias de xabóns ambientadores, colonias e perfumes (este, xunto cos xabóns serán proxectos a continuar o curso que vén e cos que engadiremos algunha entrada en inglés e francés).

  • Comezou co proxecto ClaCiencia 4ºESO clasificando as esencias mercadas en aceites esenciais de saída, medias e de fondo (según a súa maior ou menor volatilidade respectivamente). De momento 28 esencias variadas cos seus nomes en castelán, galego, francés e inglés...

Clasificación das esencias cos seus nomes en galego, inglés e francés
Primeiras sesións de clasificación con ClaCiencia4ºESO

Consulta o publicado no noso instagram sobre esencias @bioclaciencia (esencias)


  • En sucesivas sesións do Club de Ciencia adentrámonos no mundo dos ambientadores. Logramos facer algúns que cheiraban moi ben e mesmo nos arriscamos a darlles nomes según a nota dominante. Fomos variando as proporcións pero a receita básica foi (mestura hidroalcohólica):

Ambientadores (Mesturas hidroalcohólicas). Esta segunda semana de Xaneiro estivemos traballando coas esencias e empregando como disolvente mayoritario a auga para facer así ambientadores (e de paso ir recoñecendo os principais aceites esenciais). lembra, non apliques na pel!
Sesión de ClaCiencia con 4ºESO, 1º e 2ºBAC traballando en ambientadores

Podes consultar tódalas mesturas e nomes de ambientadores preparados (relax, calmante e fresco, amadeirado e cálido, ...) nesta nova entrada do noso insta @bioclaciencia (ambientadores)


  • Xa expertos, comezamos con perfumes. Comezamos con ClaCiencia 4ºESO, neste caso os alumnos de PC que elaboraron un titorial dun perfume doce e floral, moi sinxelo e que tivo moito acollemento entre o alumnado.

    Titorial elaboración dun perfume doce e floral (Mesturas e disolucións). De aplicar na pel, SÓ NO PULSO, por se irrita ou da alergia. Mestura base alcohol, auga e un chisco de glicerina con notas florais de rosa, xasmín e baunilla. 👏🏽👏🏽👍🏽

Tutorial elaboration of a sweet and floral perfume (mixtures and dissolutions). In case you apply it on the skin, ONLY ON THE WRIST, to avoid a rash or an allergy. Base mixture: alcohol, water and a pinch of glycerin with floral notes of rose, jasmine and baunilla.

Algúns perfumes elaborados

  • Unboxing dos paquetes de esencias amadeiradas e florais por Candela e Lucía G. de 2ºBAC :-)).

    Esencias amadeiradas
    Esencias florais
Perfumistas de 1ºBAC
Perfumistas de 1ºBAC

Comments


bottom of page