top of page

3- Clasificación NOVA dos alimentos

Foto del escritor: Nutri CelaNutri Cela

Actualizado: 23 ene 2022


Ademais de clasificar os alimentos en función do seu contido en nutrientes, podémolos agrupar en función da natureza, grao e propósito do seu procesamento, xa que este está relacionado coa saúde. Esta clasificación agrupa os alimentos en función do seu procesamento, xa que hoxe en día sabemos que unha dieta rica en ultraprocesados caracterízase por unha un elevado contido en calorías, azucres, graxas saturadas, sal e aditivos e por ser baixa en fibra.

Clasificación posta en marcha polo médico nutricionista especialista en saúde pública Carlos Monterio en Brasil


Preme na imaxe para coñecer esta clasificación.

Sobre esta nova clasificación dos alimentos e do mal que están a facerlle os ultraprocesados á saúde da nosa sociedade (máis aínda aos nenos e xoves, que os consideran máis apetecibles) falou o nutricionista Carlos Ríos no seu primeiro libro. Con él púxose en marcha todo un movemento o de "comer comida real" ou realfooding.


Descarga a app My Real Food, para poder escanear os códigos dos alimentos e coñecer cantos comes de cada grupo.

A app orixinalmete clasificaba os alimentos como naturais, bós procesados e ultraprocesados. Agora está mellorada (coa participación de todo aquel que queira engadir alimentos que non están recollidos) puntuando o alimento de 0 (peor) a 100 (mellor, máis saúdable), según o procesamento, contido calórico, sal, azucres. Dá tamén a composición nutricional e posibles opcións máis saúdables.


Espazo titorías:


Actividade: Recolle as etiquetas dalgúns alimentos comúns incluíndo o código de barras. Trae uns cuantos a clase para comentalos, seguro que te sorprendes con moitos alimentos que tiñas por saúdables!!! (moitos cereais do almorzo, iogures de sabores, zumes de froitas, .....). En sucesivas actividades tentarás ir sustituíndoos por outras posibilidades máis saudables ....




Yorumlar


bottom of page