O 13/02 é o "Día Nacional dos Almorzos Saudables". Para celebralo, o alumnado de 1º ESO A e B elaborou un gran mural para amosar os grupos de alimentos que se deberían incluír, despois de ver unha presentación sobre o tema.

Co alumnado de 2º ESO A e B de proxecto competencial, realizouse un almorzo comunitario coas achegas do alumnado. Deste xeito, compartimos alimentos saudables.
Todos eles, xunto cos grupos de 3º ESO A e B, tamén elaboraron unha estatística sobre os almorzos. Os datos obtidos foron:
NON almorza: 20%
NON toma froita: 40%
Almorzo completo: 40%
Comentários