14-Dando a badalada
- Nutri Cela
- 1 abr 2024
- 1 Min. de lectura
Actualizado: 3 ene
Algúns alumnos e alumnas de 1º e 2º de BAC e un grupo de profesoras decidimos festexar as badaladas de Noitevella xuntos, ás 12 do día 22 de decembro, dúas horiñas antes de marchar de vacacións.
O día anterior fixemos unha merca de framboesas, arándanos e varios tipos de uvas. As once da mañá fomos ao laboratorio de Bio a preparar as 12 pezas obrigadas do que mais gustase e unhas cuantas brochetas de froita. Quedáronnos moi ben, luciron moito e estaban deliciosas.

Comments