Nerea Martínez Chenlo e Raul García Janeiro revisaron as etiquetas destes dous produtos tan habituais e consumidos nos fogares. Mostramos os carteis coas achegas nutricionais e recomendacións. Tamén se inclúen os links publicitarios que os alumnos analizarán en unha seseión posterior.

Anuncio de Nesquik: https://youtu.be/86ucvr9vgqU

Anuncio de Cola Cao: https://youtu.be/S2DBpGxLzjE
Mellor de ningún!!!! Un e mailo outro pasan do 75% de contido en azucres refinados polo que .... non son saúdables!!!.
Os cerais son tamén abundantesen azucres, excepto os integrais de avea (ver cartel publicación 5c).
Así, tendo en conta que un bó almorzo debe conter un lácteo, froita e cereais integrais:

Pensade nun trevo e nas súas tres folliñas. Cada unha delas representa un grupo de alimentos: os cereais, as froitas e os lácteos. O almorzo completo debería incluír alimentos das tres follas.
- Consumide con frecuencia cereais integrais.
- Tomade pan de panadería e a ser posible integral. Non pasa nada se é do día anterior: podédelo quentar un pouquiño na tixola sen chegar a douralo en exceso nin queimalo.
- O pan de molde achega polo xeral máis graxa e máis sal ca o fresco, por isto evitade tomalo todos os días.
Unhas alteranativas saudables poderían ser ....

Comments