A obesidade infantil é un dos principais problemas de saúde pública e está asociada fundamentalmente a unha alimentación desequilibrada, debida a unha inxesta de alimentos cunha elevada achega calórica. Altos en graxas, azucres e que posúen un contido en sodio desmesurado, é dicir, cunha composición nutricional inadecuada, tal e como aprendemos ao analizar as etiquetas dos alimentos.
A escolla de alimentos é un proceso complexo, onde conflúen numerosas variables como: carácter e gustos dos nenos, situación económica ou tempo dispoñible para a preparación dos mesmos...
Neste plano, atopamos a publicidade como un claro determinante das preferencias, especialmente en nenos e mozos. Nos que a achega emocional conta moito, xerando novas necesidades e acostumándoos na cultura do consumo.
Este estudo pretende avaliar as características nutricionais dos alimentos publicitados dirixidos a nenos e mozos por distintas canles audiovisuais, considerando a enorme influencia que teñen neste colectivo.
Preme na imaxe se queres ver o video da organización onde se pide a retirada da publicidade de alimentos non saudables para os nenos.
Desde este ano 2022 xa non se poderá emitir publicidade de:
Docería de chocolate e azucre, barriñas enerxéticas e coberturas de doces e sobremesas.
Pasteis, galletas, tartas e produtos de pastelería.
Zumes.
Bebidas enerxéticas.
Xeados.
1ª SAÍDA AOS SUPERMERCADOS DA VILA (GADIS, EROSKI E DIA) - 3ºPMAR
Fixemos unha visita ao super para ver o merchandising dos produtos mencionados no listado anterior facendo énfase nos que tratamos nos carteis (chocolates, biscoitos, queisiños e cereais).













Saímos do super merendando uns amorodos fresquiños!!!.

Ao día seguinte o alumnado de 3ºESO-PMAR fixo unha posta en común sobre o máis destacado en canto á presentación e situación destes produtos no super. Recollemos as conclusións:
Os envases dos alimentos (plástico a maioría das veces e en grandes cantidades) empregan moitas cores e chamativas que atraen a nosa atención aínda que nalgúns casos os produtos estean case agochadas en recunchos.
Nos alimentos saen deportistas moi famosos cos alimentos en cuestión na man, case sempre relacionándoo co poder enerxético e vigorizante do alimento.
Figuras e esceas sempre en acción dándolle mobilidade.
A colocación dos dirixidos aos nenos están colocados en paneis baixos facilmente accesibles e visibles para os nenos.
No caso concreto do DIA hai unha chea destes produtos en pequenos envases e a baixo precio, 1 euro, co cal se posibilita a merca por moita máis xente; nenos que dispoñen de unha pequena paga e acuden ao super a mercar algún antollo a 1 euro, familias con escasos recursos económicos ou incluso pais que aínda que leven unha alimentación equilibrada e non merquen eses produtos normalmente, sí fagan unha excepción posto que se trata de pequena cantidade.
Neste proxecto decidimos agrupar os diferentes alimentos en categorías:
Comments