As nosas comidas na cuarentena
- 17 mar 2020
- 1 Min. de lectura
Actualizado: 18 mar 2020
Estes quince días que quedamos na casiña debido ao confinamento polo virus Covid-19 podedes animarvos e mandar algunha foto das vosas comidas saudables e reais, tan necesarias para estar fortes e tranquiliños no tempo que dure esta situación. Deberásevos identificar coa comida (non serven fotos collidas de Internet). Podedes mandalas por e-mail á seguinte dirección de correo electrónico: nutricotarelo@gmail.com. Elexiremos algunhas e publicaremos en canto teñamos material. Animádevos a participar.

Coidádevos moito, seguide un ritmo de traballo diario e quedade na casiña.
Un abrazo a todos, ánimo e saúde.
MJFigueira
Comments