O alumnado de 1º e 2ºBAC preparou a tradicional Chemistree no laboratorio de Bio con material de vidro, colorantes, algúns reactivos e mesmo resultados dalgúns experimentos que había polo laboratorio. A isto engadímoslle imaxinación e humor e... así de chulo nos quedou este ano!.
Vestimos a Asensio e fixemos as tradicionais chamas para alumear e encher de luces a chemistree (de LiCl, ácido bórico e sulfato de cobre).
Ao longo das semanas previas ás vacacións de Nadal os distintos grupos foron pasando e posando para facer as xa tradicionais fotos de Nadal coa Chemistree e Asensio no laboratorio de Bioloxía.




O último día de clase ClaCiencia celebrou as badaladas con froitas (uvas, arándanos e mandarinas). Ai vai o vídeo do evento :-))
Ese día visitounos Mamá Noel


Comments