top of page

ClaCiencia: Carreiras de bólidos

  • Foto del escritor: Nutri Cela
    Nutri Cela
  • 3 jul 2024
  • 1 Min. de lectura

Alumnado das materias de Tecnoloxía e dixitalización, Educación Plástica e Audiovisual e Club de Pintura traballaron este curso en ClaCiencia. Velaí algunha das súas actividades montadas neste video para o Club de Ciencia.



Explicación do traballo:

En Tecnoloxía, algúns alumnos fixeron uns bólidos de material de refugallo. Neles, usáronse botellas de plástico para a creación das rodas, corpo de coche e a hélice do sistema de impulsión. Coa fin de facer xirar a hélice, instalóuselle un pequeno motor eléctrico.

Dende a materia de educación plástica, o alumnado traballou en grupos na creación de algúns circuítos de carreiras, coa idea de que o Mbot, programado para seguir liñas (usando o seu detector de luz), puidese dar voltas polos nosos circuítos.

Cambiando de proxectos, outro alumno dende o punto de vista da tecnoloxía, creou un elevador, no que se mostra como o uso dun sistema de poleas permite a suba e baixada da caixa na que transportamos ás persoas dun piso a outro nos edificios. Neste caso cambiouse o sistema de motor propulsor eléctrico habitual, polo motor humano.

Por último, dende o club de pintura, dotamos ao ascensor de pasaxeiros, para iso, démoslle vida a algúns ovos que foron pintados polos alumnos.

 
 
 

コメント


bottom of page