Para que unha dieta sexa saudable ha de estar equilibrada, é dicir, proporcionar todos os nutrintes necesarios para un óptimo funcionamento do organismo.
Preme para ver o arquivo coas características dunha dieta equilibrada.
Un exemplo que todos coñecemos de dieta equilibrada é a dieta mediterránea.
Cada vez fálase máis sobre todo nas comunidades do norte da dieta atlántica; Esta posúe características propias derivadas dos alimentos típicos de Galicia e os beneficios tamén dunha dieta cardiosaudable.
Hoxe en día a representación dunha dieta equilibrada xa non se fai mediante a pirámide dos alimentos xa que está practicamente en desuso, reemprazada polo prato Harvard en canto ao ideal dunha alimentación equilibrada e saudable.
Espazo titorías:
Investigación 1: Busca os principais alimentos, beneficios e distribución da dieta atlántica.
Algúns traballos dos alumnos sobre a dieta atlántica : traballo 1, traballo 2,
Investigación 2: Indica as razóns que levaron a deixar de utilizar a pirámide dos alimentos e instaurar o plato de Harvard como gráfico de dieta equilibrada e saudable
Algún exemplo de traballo: plato de Harvard /pirámide
E se queres que se publiquen os teus traballos envíaos ao correo indicado entrégallos ao teu titor!!!
Na seguinte ligazón tés actividades interactivas de nutrintes, dieta saudable e pirámide
Se queres poñer a proba os teus coñecementos sobre a dieta equilibrada preme para facer a seguinte actividade.
Nesta ligazón tés unha actividade sobre o plato para comer saudable (Harvard)
Comments