Arrancamos este blog En Vilagarcía, No Ies Armando Cotarelo Valledor, co resumo do día da “alimentación saudable”, que tivo lugar no noso centro un pouco antes de Nadal. Tratábase de fomentar o consumo de froita e lácteos na escola. Degustamos froita fresca e de tempada, algunhas pezas presentadas como verdadeiras obras de arte por algunhas profesoras do noso centro. Ese mesmo día saboreamos tamén os iogures e postres lácteos aportados polas empresas LARSA e Casa Grande de Xanceda.

Comments