Todas as persoas deberían estar afeitas a ler e valorar as etiquetas dos alimentos, xa que conteñen información tan valiosa como os alérxenos. Se queres coñecer os elementos que debe incluír unha etiqueta alimentaria preme no debuxo inferior.
Agora que xa sabemos interpretar a información das etiquetas, como escollemos os alimentos no super?



Espazo titorías:
1) Elixide un alimento envasado, común á clase para analizar de distintas marcas e consumido a diario polos alumnos (por exemplo no almorzo). 2) Ide buscando os distintos parámetros da etiqueta (ver información aportada no primeiro artigo e modelos dos exemplos) e anotando a súa información. 3) Revisade que esté todo na etiqueta e en lugar visible. 4) Facede unha posta en común comparando graxas (saturadas en especial), azucres e sal poñendo un smile a cada parámetro segundo as cantidades (ver táboa publicada). 4) Elaborade un pequeno informe comparativo entre a proporción destes nutrintes nas distintas marcas achegadas polos alumnos e indicar finalmente se o produto é recomendable ou saudable (cando os produtos a comparar teñen especial contido calórico, azucres e graxas, evidentemente o produto non será moi saudable :-)).
Podes facer unha presentación en ppt (ou nunha cartolina e sacarlle unha foto) e enviala a nutricela24@gmail.com
Traballos de alumnos (en proceso):
Análise de etiquetas de chocolate e cacao en pó
Análise de etiquetas de galletas e barriñas
Análise de etiquetas de iogures
Análise de etiquetas de queixos
Análise de etiquetas de cereais
コメント