top of page

P9- Determinación de azucres redutores e proteínas en leites e bebidas vexetais

Foto del escritor: Nutri CelaNutri Cela

Actualizado: 1 abr 2024

O alumnado de 1ºBAC de Anatomía aplicada e Cultura Científica de 1ºBAC, comezaron a determinación cualitativa de azucres redutores e proteínas no leite (de vaca e cabra) e nas bebidas vexetais de avea, soia e améndoa.


1. Leite de vaca: enteira, desnatada, semidesnada e sen lactosa (ou "con lactasa")






Cabe sinalar que o leite de vaca sen lactosa contén a mesma cantidade que os outros tipos (ver táboa) xa que non lle sacan a lactosa, senón que lle engaden a enzima que hidroliza este disacárido (a lactasa), contribuíndo así á súa tolerancia dixestiva. Este feito sorprendeu bastante ao alumnado (dar positivo en azucre redutor).



2. Bebida vexetal de avea





Debemos destacar que os niveis de azucres simples (mono e disacáridos) son maiores aos do leite de vaca e os valores de proteínas moi inferiores (ver táboa: cores máis e menos intensas cos reactivos de Fehling e Biuret, respectivamente).


Aquí se adxunta o vídeo do proceso:





3. Determinación de azucres redutores e proteínas


  • Determinación de azucres: Como por separado os resultados non eran comparables, decidimos mercar unha bebida de cada, usar a mesma cantidade de produto e reactivos para poder correlacionar e valorar os resultados. O proceso ven explicado nas seguintes imaxes e videos:







  • Determinación de proteínas:






Se queres saber con detalle o traballo realizado (Porxecta + Aliméntate ben) polo alumnado podes consultar os seguintes arquivos:






Comments


bottom of page