top of page

ClaCiencia. Recristalizacións chamativas

Foto del escritor: Nutri CelaNutri Cela

No Club de Ciencia comezamos un novo proxecto: Obter monocristais, agregados cristalinos, maclas ou xeitos de cristalizar chamativos e bonitos.


  1. Recristalización de CuSO4 -Sulfato de cobre (II): Lucía Q. Vicky e Ángela repetiron tres veces a recristalización ata conseguir un monocristal bonito e dun bo tamaño.


Despois fixeron este titorial onde se mostra o material e procedemento empregado:



2. Recristalización de ioduro de chumbo (II) "chuvia dourada." Práctica realizada por Candela e Lucía G.

a) Obtención do ioduro de chumbo. Reacción de precipitación a partir de ioduro potásico (KI) e nitrato de chumbo (Pb(NO3)2. Utilizamos 0,3 g de cada reactivo disoltos en 100mL de auga.

Fixemos tres ensaios nos tres respectivos tubos de ensaio con 4 ml (2+2), 6 mL (3+3) e 10 mL (5 +5) tomados nas citadas proporcións de cada disolución. O mellor resultado obtivémolo ao mesturar 3mL de cada disolución.


b) Recristalizacións:




c) Resultado das recristalizacións do precipitado obtido. Ao ir enfriando o ioduro de cumbo comeza a cristalizar en forma de escamas brillantes e que parecen ouro, de aí o nome famoso de "chuvia dourada".

Dicir que o mellor resultado acadámolo cando empregamos 3mL de cada disolución (6 mL totais no tubo ensaio).




Podes ver o vídeo completo do experimento no noso Insta @bioclaciencia


Se che interesa saber máis podes ir a Experimento 1: Precipitacións no enderezo de ClaCiencia


Comments


bottom of page