Debuxos de Amanita muscaria, Cantharellus cibarius e Boletus aestivalis realizados polo alumnno de 3ºESO Iker Filgueira.
O venres 24 de Novembro o alumnado de Cultura Científica e Anatomía Aplicada, xunto cas dúas profesoras das materias, fixeron unha escapada ao Santiaguiño do Monte para coller exemplares de fungos. Como moito non había, trouxeron algunhas especies comúns que o ano pasado non foran estudadas. Como sempre facemos nestas investigacións, deixamos o carpóforo sobre papel de filtro para fotografiar e identificar a cor da esporada e recoller esporas para visualizar ao microscopio con 400 e 1000X.
Como comentabamos anteriormente, o curso pasado, o alumnado recibiu charlas formativas na materia e realizaron traballos sobre distintos aspectos relacionados coa micoloxía, valorándose unha dinámica á hora de recoller setas, esporada e visualizar esporas ao microscopio.
Este ano non foi ano de setas se o comparamos có anterior. Pese a que nas imaxes anteriores pareza que recollemos gran varidade delas, exceptuando especies xa recollidas o curso pasado, nesta saída só puidemos engadir as seguintes:

Cada ficha micolóxica recóllese nunha táboa (almacenada en Drive) que contén a información de caracteres macro e microscópicos, así como os relativos ao seu hábitat e taxonomía.
Debuxos de Amanita muscaria, Cantharellus cibarius e Boletus aestivalis realizados polo alumnno de 3ºESO Iker Filgueira.
Ata o vindeiro outono!!!
Comments