top of page

Saída á Feira de Minerais en Area Central, Santiago

  • Foto del escritor: Nutri Cela
    Nutri Cela
  • 21 mar
  • 2 Min. de lectura

Actualizado: 21 mar

Departamento de Bioloxía e Xeoloxía, 07/03/25


O alumnado de 1º BAC de Bioloxía e Xeoloxía, de 4ºESO e 2º BAC do Club de Ciencia e máis o de 1ºESO xunto có profesorado de xeografía e historia, educación plástica e audiovisual e bioloxía e xeoloxía (Fran, Cristina, Paula e Sesé) visitaron Área Central, que acolle como cada ano por estas datas a Feira de Minerais. Este curso o departamento de Bioloxía e Xeoloxía, tiña programado tres obradoiros: dous para 1ºBAC sobre identificación de minerais e áridos e extracción do ouro e áridos do Mendo, e tres para 1ºESO sobre cristalización e mineraloxía. A xornada foi moi proveitosa e desfrutamos moito do tempo libre que nos quedou para percorrer as exposición e mercar algúns minerais para engadir ás nosas coleccións.








Departamento de Bioloxía e Xeoloxía, 29/02/24


O alumnado de 1ºBacharelato de Bioloxía e Xeoloxía, 1ºESO e as profesoras de plástica e bioloxía, Cristina, Paula e Sesé visitaron Area Central, que acolle como cada ano por estas datas a Feira de Minerais. Este curso o departamento de Bioloxía e Xeoloxía, tiña programado tres obradoiros, un de identificación de minerais para 1ºBAC (que resultaron gañadores) e dous de recoñecemento de fósiles para os dous primeiros de ESO. A xornada foi moi proveitosa e desfrutamos moito do tempo libre que nos quedou para percorrer as exposición e mercar algúns minerais para engadir ás nosas coleccións.





Podes ver o vídeo da saída no noso insta @bioclaciencia


Cada alumno de 1ºBACH tiña como traballo realizar unha ficha para cada mineral escollido previamente (presentación formato video ou texto), a partir do material da feira de minerais e do buscador de minerais da web CristaMine da UNED


Algúns exemplos dos traballos realizados polo alumnado de 1ºBACH de Bio-Xeo:









Comments


bottom of page